O Grupo Socialista reclama atención sanitaria presencial para persoas con diversidade funcional

1 minutes read

A parlamentaria socialista Leticia Gallego reclamoulle á Xunta que garanta atención sanitaria presencial para as persoas con diversidade funcional. Gallego presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que alertou dos problemas que provocan neste colectivo a redución de horarios nos centros de saúde, que pasou de 09 a 21 a atender de 09 a 15, o que os aboca a dirixirse a Urxencias.

Gallego puxo como exemplo a situación do Centro de Saúde de Navia, en Vigo, que prestaba servizo ás persoas usuarias de Apamp –Asociación de Familias de Persoas con Parálise Funcional- e de Alento –Asociación de danos cerebrais de Vigo-. Esta situación, dixo, “provoca un retroceso no servizo para toda a poboación, afectando de xeito especial ás persoas con algún tipo de discapacidade, e máis gravemente ás persoas con parálise cerebral”.