O Hierros Varela Urbieta Xiria gañou en Cangas cunha boa defensa

1 minutes read

O bo encontro realizado en defensa, na octava xornada da Liga Ouro Cadete Masculina, durante os 60 minutos acabou dándolle a vitoria aos carballeses, que xogaron un dos mellores partidos da actual tempada nunha cancha difícil coma é o Gatañal e ante un equipo que os superaba na clasificación.

Dende os primeiros minutos o Xiria daba a sensación de estar máis metido no encontro que o rival, a pesares das primeiras dificultades coa precipitación nos ataques, foi sabendo por onde facer dano e conseguir ampliar diferenza no marcador, ao descanso a diferenza no marcador era de só 3 goles.

Na segunda metade o Hierros Varela Urbieta meteu unha marcha máis en ataque e cun soberbio Pombo dende o pivote foi sentenciando e dando a sensación de ser moi superior ao seu rival, polo que os dous importantes puntos viñeron de volta para Carballo. Pizzería Baratto Bm Cangas 24 – Hierros Varela Urbieta Xiria 30 (11-14).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?