O Hierros Varela Urbieta non foi quen de superar ao Cisne

1 minutes read

Cisne Colegio los Sauces 41 – Hierros Varela Urbieta Xiria 34 (20-20)

O Xiria visitaba a cancha pontevedresa do actual líder e máximo favorito para facerse coa liga, o Balonmán Cisne, e plantou cara durante os 60 minutos, dominando incluso moitos tramos do partido e quizá faltándolle un pouco de ambición e de asentamento en defensa.

Viuse dende o principio un Hierros Varela Urbieta moi metido no encontro sabendo por onde atacar ao seu rival, o empate a 20 goles ao descanso era reflexo dun partido rápido e sen tregua por ambas partes.

Pero na volta do vestiario o Xiria saíu sen ritmo en ataque e moi descentrado na defensa ante un Cisne que puxo en 5 minutos terra de por medio índose de 7 goles, pese a intentar volver a entrar no partido ao poñerse a 3 goles, o Xiria foi cedendo coa chegada do pitado final no derradeiro partido do ano, cun parón na competición ata dentro dun mes.