- Décimo quinta xornada da Liga Ouro Cadete Masculina. Valinox Novás 38 – Hierros Varela Urbieta Xiria 46 (16-23)
Adiantaron ambos equipos o partido correspondente a décimo quinta xornada pois esta semana non había competición.
O Hierros Varela Urbieta seguiu amosando a súa progresión dende inicio de ano e non dou opcións aos rosaleiros de acomodarse no encontro, tan só uns primeiros compás de igualdade pero no momento que os de Carballo axustaron a defensa foron abrindo distancias no marcador. A defensa avanzada do Valinox Novás non presentou maior complicación ca de ceder un par de contras ao rival e por contra poder marcar con moita facilidade.
Na segunda metade o Xiria xogou, non permitindo ao rival achegarse no marcador. O Valinox Novás tan só se mantivo no encontro pola cantidade de sete metros a favor sinalados polas colexiadas, ata 13 por tan só 2 dos que dispuxo o Xiria.