O Hierros Varela Urbieta Xiria superou ao Bueu

1 minutes read

O Hierros Varela Urbieta volveu de Bueu cos dous puntos tras medirse ao derradeiro clasificado nun partido sen complicacións. Serviauto Bueu Atlético 26Hierros Varela Urbieta Xiria 45   (14-23).

Demasiadas facilidades as dadas polo Bueu ante un Xiria que non perdoou e foise facendo co partido xa nos primeiros lances do encontro, asentado na súa defensa e con efectividade tras boas decisións no ataque os carballeses facían un partido cómodo, podendo dar moitos minutos aos menos habituais e permitíndolle seguir loitando pola cuarta praza da clasificación xunto co Chapela e o Cangas. Tras o parón da próxima semana o Hierros Varela Urbieta recibirá ao Abegondo para posteriormente viaxar a Chapela, dous compromisos para afianzarse na zona alta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?