O Hospital HM Modelo e a UDC renovan a súa colaboración en Traumatoloxía deportiva

1 minutes read

O director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitais en Galicia, Rafael Silva, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Salvador Naya, asinaron este luns a renovación do convenio de colaboración que regula a Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte, dirixida polos doutores Javier Cudeiro e Rafael Arriaza.

Rafael Silva destacou o éxito das iniciativas levadas a cabo desde a Cátedra HM-UDC, “tanto no ámbito da docencia e a investigación, como na divulgación desta especialidade e mesmo noutros aspectos nos que se implicou activamente, como é o caso da posta en marcha este verán do programa Bolboretas Rosas”.

O vicerreitor da Universidade da Coruña, Salvador Naya, fixo fincapé na aposta firme da UDC pola Cátedra de Traumatoloxía do Deporte subliñando a importancia da mesma tanto para a colaboración universidade-empresa como, máis concretamente, no ámbito das Ciencias da Saúde. O convenio entre HM Hospitais e a universidade coruñesa, apuntou o vicerreitor, contribúe a unha formación específica do estudantado e facilita a investigación e transferencia de coñecemento científico na materia.