Así o admitiu o seu director, Juan Cividanes, en comisión parlamentaria ante as críticas do deputado do PSdeG Abel Losada, quen reprochou levar “anos escoitando” no Parlamento “falar dos mojitos da Habana”, que enmarcou nun “acto de fomento e difusión internacional da cultura galega”.
Losada referiuse ao 25 aniversario do Igape, polo que preguntara anteriormente unha parlamentaria do PP. “No Hostal dos Reis Católicos de Santiago, alí o que se pagaba con diñeiro público eran as copas de alta gradación dos traballadores, que parece que non estaban desde logo difundindo ningunha cultura galega especialmente relevante”, censurou.
VERSIÓN DO IGAPE: “CONVIDÁMOSLLES A UN CUBALIBRE”
“No que respecta ao Igape o 25 aniversario celebrouse no Palacio de Congresos e (despois, no Hostal) houbo como recoñecemento a esas 37 persoas que citaba, que facían 25 anos no instituto cunha responsabilidade sobre a xestión dos fondos públicos, démoslle unha placa de metacrilato e efectivamente convidámoslles a un cubalibre”, respondeu Cividanes.
No acto do Palacio de Congresos, houbo ao redor de 500 participantes. Alí participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, e outras autoridades. O xefe do Executivo resaltou ese día que, ao longo destes 25 anos, o Igape axudou a máis de 81.000 empresas, que mobilizaron case 14.000 millóns de euros.