36
Este venres tivo lugar no pazo municipal de María Pita unha reunión ordinaria do Consello Reitor do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), en que se aprobou o aprazamento para o ano 2021 do concerto de Loquillo, no Coliseum, e do de Óscar Rosende & Great Straits, no Teatro Colón, por mor da crise do coronavirus.
Entre outros asuntos que se trataron no consello, tamén destaca a aprobación da prórroga do contrato para o servizo de proxeccións do cine no Fórum Metropolitano.