O independentismo catalán veta a Miquel Iceta como senador

1 minutes read
  • ERC e JxCat xa manifestaran o seu voto en contra

Esta mañá tiña lugar a votación para designar ao primeiro secretario do PSC, Miquel Iceta, como senador por Cataluña. Non houbo sorpresas e Iceta non logrou os votos suficientes para a súa nomenclatura.

A maioría dos partidos independentistas do Parlament dixeron «non» á designación de Iceta como senador autonómico, algo que algúns xa anunciaran. ERC, JxCat e a CUP votaron en contra, e o PSC xunto con Catalunya en Comú Podem, votaron a favor, logrando só 25 votos. O Partido Popular e Cidadáns abstivéronse, pero aínda que optasen polo «si», tampouco valería de moito, pois a pesar de poder empatar cos 65 votos das forzas independentistas, á terceira votación caerían.

Miquel Iceta xa anunciara que de darse esta situación, presentaría un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, xa que tanto el como o seu partido consideran que os dereitos políticos do seu grupo quedaron vulnerados. Pola súa banda, o deputado electo de ERC, Gabriel Rufián, manifestou que seguen abertos a un diálogo para a investidura de Pedro Sánchez como presidente de España.