O Laber Xiria cede un punto diante do Lavadores

1 minutes read

Un Laber Xiria moi mermado en canto ás baixas dos homes de primeira liña tivo que facer fronte ao equipo vigués do Lavadores, quinto na clasificación.

Primeiros 30 minutos de superioridade carballesa onde a defensa 5:1 do Laber presionaba sobre o ataque rival e era capaz de resolver a contra, polo que cobraba certa diferenza no marcador.

Na segunda metade o Lavadores xogou ben as súas bazas poñendo en moitas dificultades co dobre pivote a defensa do Xiria, que se viu superada e vía como o marcador acurtaba distancias ata ese instante final onde os vigueses marcaban sobre a bucina, conseguindo así o empate final 29 – 29.