O Disiclín Balonmán Lalín presentouse este sábado en Carballo cos deberes feitos para xogar o gran derbi da categoría de Primeira Estatal ante o Calvo Xiria no Vila de Noia. Unha bonita rivalidade entre dous equipos con partidos moi disputados e ocupando a primeira e a segunda praza da táboa. O Calvo Xiria abriu primeiro a lata cun gol de Manu aos poucos segundos. Resultado moi igualado ata o minuto 21, co movemento do banco o Lalín conseguía enchufarse máis ao partido e lograba abrir unha ringleira de 4 goles a falta de 4 minutos para o descanso, ao que se chegaría co resultado de 10-12. Na segunda parte sensacións pouco boas para o Calvo Xiria, mellor en defensa e portería que en ataque e brecha de 6 goles aos 20 minutos. Xa na recta final o conxunto visitante seguía fiel ao seu estilo, marcaba ata cun xogador menos en pista. Ao final 21-24, vitoria que se lle escapou ao Calvo Xiria e distancia de dous puntos máis que marca o Disiclín Balonmán Lalín, quen ao final do partido publicou nas súas redes que ‘xa estabamos cansados de perder co Xiria’. Tócalle seguir remando ao equipo de Adrián Dubra, traballando para pechar o ano con boas sensacións a próxima semana en Redondela.
21