O longboard conquistou Malpica con probas nacionais e galegas

0 minutes read
  • O evento estaba previsto para finais do pasado mes de outubro, pero as condicións meteorolóxicas non eran boas

A praia de Area Maior de Malpica acolleu este sábado a cuarta proba do circuíto nacional de longboard e tamén a segunda proba da liga galega.

O evento, organizado pola escola local One Surf Academy, estaba programado para finais do pasado mes de outubro pero as condicións meteorolóxicas non eran favorables.