18
O Automanía Luceros, equipo pontevedrés filial do Cangas, visitou este sábado a pista do Calvo Xiria. Facíao co obxectivo de romper a súa serie de dúas derrotas consecutivas e saír dos últimos postos da clasificación. En fronte un Calvo Xiria tamén necesitado que entrou tímidamente no partido e o rival aproveitouno para mandar no marcador, 15-17 ao descanso. O conxunto local non puido reverter a dinámica tras a continuación e foi ‘a remolque’ toda a segunda parte dun Luceros que en liñas xerais fixo un partido moi completo e declarouse xusto vencedor do encontro, 35-36.