O lume forestal segue sen dar tregua este agosto en Galicia

10 minutes read
  • Sánchez propón un pacto de Estado contra os incendios e Rueda demanda máis medios

En Ourense, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, amosou a súa solidariedade con todos os afectados polos lumes e puxo o foco nos efectos do cambio climático. O presidente do Goberno anunciou un pacto de Estado para mitigar a emerxencia climática. Sánchez asegurou que enviará axuda a Galicia e Rueda pediulle que o faga de xeito inmediato. 

A Consellería do Medio Rural informaba este domingo da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia os últimos días con datos recollidos ata as 09.30 horas do pasado sábado.

A CORUÑA

ESTABILIZADOS

Estabilizado o Muxía-Nosa Señora da O

Está estabilizado ás 14.01 horas de onte o lume iniciado á 13.13 horas do venres na localidade coruñesa de Muxía, parroquia de Nosa Señora da O, que segundo as últimas estimacións afecta 23 hectáreas. Mobilizáronse de xeito acumulado para a súa extinción 3 técnicos, 14 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas e 1 helicóptero.

CONTROLADOS

Controlado Toques-San Martiño de Oleiros

Ás 00.20 horas do domingo quedou controlado o lume iniciado ás 18.49 horas deste xoves no concello coruñés de Toques, parroquia de San Martiño de Oleiros. Neste lume, que segundo as últimas estimacións rolda as 320 hectáreas afectadas, tívose que activar a Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Penagundín, medida xa desactivada. Para a extinción do incendio mobilizáronse de xeito acumulado, 3 técnicos, 19 axentes, 34 brigadas, 33 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

LUGO

ESTABILIZADOS

Estabilizado O Saviñao-Chave

Dede as 00.55 horas está estabilizado o incendio do concello lucense do Saviñao, parroquia de Chave, que se iniciou onte ás 15.00 horas e o que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 3 axentes, 11 brigadas, 9 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

Estabilizado Cervantes-Vilarello

Está estabilizado desde o sábado ás 22.35 horas un lume rexistrado ese mesmo día ás 05.27 horas no concello lucense de Cervantes, parroquia de Vilarello, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 150 hectáreas. Para a extinción do incendio mobilizáronse de xeito acumulado 6 axentes, 14 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

CONTROLADOS

Controlado A Fonsagrada-Monteseiro

Permanece controlado desde as 14.42 horas do domingo 10 de agosto o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 73 axentes, 98 brigadas, 102 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

OURENSE

Permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ACTIVOS

Activo Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos

O venres día 8 ás 12.51 horas iniciouse un incendio no concello de Chandrexa, parroquia de Requeixo. O martes día 12 empezou outro na parroquia de Parafita, neste mesmo municipio. Este xoves, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que permanecía estabilizado desde a noite do pasado luns e o cal se iniciou o domingo ás 17.30 horas

Os tres acabaron por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor de 17.500 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 129 axentes, 156 brigadas, 98 motobombas, 15 pas, 14 unidades técnicas de apoio, 20 helicópteros e 21 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Maceda (Santiso e Castro de Escuadro)

Ás 23.37 horas do domingo 10 iniciouse un incendio no concello de Maceda, na parroquia de Castro de Escuadro. O martes 12 ás 03.13 horas empezou outro na parroquia de Santiso, neste mesmo municipio. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.000 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 10 técnicos, 88 axentes, 131 brigadas, 78 motobombas, 11 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Oímbra-A Granxa

Permanece activo o incendio forestal do municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 11.000 hectáreas, parte delas nos concellos de Monterrei, Cualedro, Verín e Laza. O lume iniciouse ás 14.39 horas do martes e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 16 técnicos, 57 axentes, 68 brigadas, 52 motobombas, 2 pas, 5 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 13 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas do martes está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 9.500 hectáreas en territorio galego. Este lume afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 5 técnicos, 26 axentes, 25 brigadas, 25 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 4 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

Activo Vilardevós-Vilar de Cervos

Está activo desde o mércores ás 18.09 horas o incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 16 axentes, 11 brigadas, 13 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.

Activo Vilardevós-Moialde

Na tarde deste xoves reactivouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16.05 horas do luns. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 20 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións.

Activo Vilardevós-Fumaces e a Trepa

Activo desde as 17.41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.

Activo Larouco-Seadur

Desde as 18.55 do mércores está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 6.000 hectáreas, parte delas nos concellos de Petín, Quiroga e A Rúa. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 16 técnicos, 56 axentes, 80 brigadas, 66 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 6 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes

Está activo desde as 16:38 horas de venres o incendio no concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 1.300 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.

Activo Beade-As Regadas

Activo desde as 18:16 horas do venres o incendio no concello ourensán de Beade, parroquia das Regadas, anteriormente situado en Carballeda, na localidade de Carballeda de Avia. Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas e está pendente dunha nova estimación. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 9 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Activo Xinzo de Limia-Gudín

Está activo desde o venres ás 17.22 horas o incendio do concello ourensán de Xinzo de Limia, parroquia de Gudín, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 150 hectáreas e está pendente dunha nova actualización de superficie. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 16 axentes, 30 brigadas, 16 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.

Activo San Cibrao das Viñas-Rante

Activo desde as 14.30 horas de onte un incendio forestal no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, parroquia de Rante, que segundo as últimas estimación supera as 20 hectáreas. Na súa extinción participaron, de xeito acumulado, 1 técnico, 7 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 1 helicóptero e 4 avións.

ESTABILIZADOS

Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.

CONTROLADOS

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas do martes, o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas do luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 técnico, 7 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións.

PONTEVEDRA

ACTIVOS

Activo Agolada-O Sexo

Ás 13.26 horas de onte venres iniciouse o incendio forestal no concello de Agolada, parroquia do Sexo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 400 hectáreas. Neste lume vénse de desactivar a Situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 12 axentes, 23 brigadas, 26 motobombas, 2 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 2 helicópteros e 2 avións.

ESTABILIZADOS

Estabilizado Dozón-O Castro

Desde as 21.47 horas do mércores está estabilizado o incendio forestal do municipio pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que se iniciou o martes ás 14.32 horas e que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas. Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 4 técnicos, 17 axentes, 30 brigadas, 40 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.

CONTROLADOS

Controlado A Estrada-Souto

Esta controlado desde as 12.10 horas do martes o incendio forestal do concello da Estrada, parroquia de Souto, que se iniciou o domingo ás 12.37 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción, mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 técnico, 20 axentes, 31 brigadas, 35 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicóptero e 3 avións.

CONFINAMENTOS, EVACUACIÓNS OU DESALOXOS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior emitiu este venres o ES-Alert polos incendios forestais na provincia de Ourense, a modo preventivo e con indicacións para garantir a seguridade ante o avance dos lumes.

A alerta foi enviada aos seguintes concellos: Oímbra, Cualedro, Monterrei, Laza, Verín, Vilardevós, Riós, A Mezquita, A Gudiña, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Veiga, O Bolo, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Montederramo, Parada de Sil, Castrocaldelas, A Teixeira, San Xoán de Río, Larouco, Petín, A Rúa, Quiroga, Ribas de Sil, O Barco de Valdeorras, Vilamartín, Xinzo, Trasmiras, Baltar, Folgoso do Courel e Rubiá, ademais de Carballeda de Avia, Leiro, Avión e Beade.

No día de onte, as medidas de protección emitidas a través do Es-Alert foron enviadas aos seguintes concellos: Baltar, Os Blancos, Xinzo, Trasmiras, Cualedro, Monterrei, Verín, Laza, Oímbra, Riós, A Gudiña, A Mezquita e Vilardevós. Igualmente, debido á proximidade, a mensaxe puido chegar a móbiles que se atoparan en concellos limítrofes.

Mantéñense activas as medidas de protección á cidadanía nas zonas afectadas a causa dos incendios forestais na provincia de Ourense, onde continúa activada a Situación 2. Logo de ser emitido o Es-Alert a modo preventivo e de realizar o envío da alerta con indicacións e instrucións ante o avance dos lumes, estas accións de protección continúan vixentes no día de hoxe para garantir a seguridade das persoas das diferentes áreas afectadas polos incendios en Ourense.