Os incendios volven arrasar Galicia. En Monforte de Lemos, Lugo, é onde máis hectáreas están a arder, as chamas, imparables, invadiron leiras particulares achegándose perigosamente ás casas e xa se contabilizan preto de 400 hectáreas calcinadas.
Incansablemente, os bombeiros loitan por apagar un incendio que o vento axuda a propagar. Envolvidos polo denso fume e rodeados polas chamas, con mochilas e batelumes tentaron deter o seu avance mentres sobre as súas cabezas sobrevoan avionetas descargando auga sobre o terreo que arde.
Ante o evidente perigo, numerosos veciños tiveron que ser desaloxados e as autoridades procederon ao peche de diversas estradas como medida de prevención.
Cando empezou o lume en Monforte déronse por controlados dous de Ourense, o de Cenlle, que obrigou a cortar a A-52 e arrasou 40 hectáreas, e o de Lobeira, que afectou a unhas 30 do Parque Natural de O Xurés.