O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo

O luns 15 de setembro comezará o prazo para facer o pago dos recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e actividades económicas (IAE), así comaás taxas de lixo comercial e venda ambulante. Como é habitual, nos vindeiros días chegarán aos fogares carballeses as cartas informativas enviadas pola Concellaría de Facenda. O período voluntario estará aberto ata o 20 de novembro.

Os padróns fiscais corresponden aos seguintes tributos:

  • Imposto sobre bens inmobles de características especiais: 1 recibo por importe de 209.662,26 euros (correspondente á autoestrada AG-55).
  • Imposto sobre bens inmobles urbanos: 32.252 recibos non exentos, por un importe de 6.394.550,81 euros.
  • Imposto sobre bens inmobles rústicos: 2.918 recibos, por un importe de 348.587,89 euros.
  • Imposto sobre actividades económicas: 481 recibos, por importe de 321.776,38 euros (257.420,48 corresponden á cota municipal e 64.355,90, ao recargo provincial).
  • Taxa pola prestación de servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos sólidos na súa modalidade comercial: 1.572 recibos, por 312.980,66 euros.
  • Taxa pola venda ambulante na feira da Milagrosa: 136 recibos, por 25.274,04 euros.
  • Taxa pola venda ambulante nas feiras e mercados da Praza do Concello: 30 recibos, por 17.332,99 euros, correspondentes ao ano 2025, e 32 recibos, por 17.134,74 euros, correspondentes ao 2024.

Lugares e formas de pagamento

Este ano foron emitidos un total de 37.422 recibos, por importe de 7.647.299,77 euros. Nesta campaña xa son máis os recibos domiciliados, cun 54,43%, que os non domiciliados. As persoas que queiran facer o trámite da domiciliación teñen de prazo ata o 3 de outubro, para o cal deben presentar a orde correspondente na oficina de recadación municipal (planta soto do mercado municipal, con acceso directo desde a Praza do Concello, teléfono 881 985 430 e correo electrónico recadacion@carballo.gal).

O pago en efectivo non está permitido desde o ano 2023. Deste xeito, os/as contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos recibirán a carta de pagamento na súa caixa de correo. Este documento é necesario para pagar no banco (Abanca, Caixabank, Santander ou BBVA) ou a través de medios electrónicos. Na páxina web do Concello de Carballo, carballo.gal, existe un botón de acceso directo á pasarela de pagos desde a portada. En total enviáronse 18.521 cartas. Se algunha persoa non a recibe, poderá solicitala nas oficinas da recadación municipal.

Tamén se remitiron 9.961 cartas postais a outros tantas persoas que teñen os seus recibos domiciliados. Neste caso son documentos informativos dos conceptos e dos importes que se pasarán ao cobro a partires do 6 de outubro.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño