49
- A condutora da actividade elixiu para a ocasión un relato en galego da súa autoría: Retrincos coa miña vila ao fondo
O ciclo de lectura de relatos curtos que acolleu o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Corme, Ponteso) durante o verán chegou a súa fin. A iniciativa, enmarcada no programa Un mar de relatos e organizada pola Asociación Cultural Ínsua de Viastela de Corme, desenvolveuse todas as mañás dos mércores ao longo do meses de xullo e agosto.
Para o peche deste ciclo a condutora da actividade, María Suárez, converteuse este xoves na protagonista da xornada elixindo para a ocasión un relato en galego da súa autoría: Retrincos coa miña vila ao fondo. Despois da lectura, e sendo o habitual, os participantes compartiron un coloquio sobre a obra.