O Mantido S.L. Balonmán Xallas comezou con derrota a su andaina na 1ª Autonómica Galega

2 minutes read

O equipo senior feminino xogou no Pavillón de Fontela, Santa Comba, o seu primeiro partido da liga de Primeira Autonómica Galega, contra o Balonmán S.D. Samertalomeu de Moaña. As pontevedresas saíron a pistas máis centrandas que as de pupilas de Miguel Barbeira, que notaron os nervios do primeiro partido de liga. O acerto cara portería por parte do Samertalomeu, en especial da súa pivote, e os erros en ataque das xalleiras que, provocaron numerosos contragolpes, fixeron que tivesen que ir a remolque durante todo o partido.

A pesar de ir abaixo no marcador durante os primeiros 15 minutos, o Balonmán Xallas mantivo o tipo ante un equipo que se presupón que estará na parte alta da clasificación. A partir de mediada a primeira parte, un parcial de 1-3 para as de Moaña, xerou unha vantaxe que foi aumentado durante todo o partido. A pesar de importantes arreones das locais, non puideron meterse no partido, ata rematar cun resultado final que non mostra a igualdade que existiu durante o partido, de 21-31 para o Samertalomeu.

Como nota positiva, destaca o debut das novas fixaches, Bineta Thiam na portería e Cristina Blanco no central, ambas xogadoras procedentes do Balonmán Camariñas. Tamén, cabe resaltar a deportividade que reinou durante todo o encontro por parte de ambos conxuntos.

Mantido S.L. Balonmán Xallas xa prepara o seu próximo encontro, fora do seu fortín, o Pavillón de Fontela, contra o Balonmán Narón, en terras do Ortegal. O Balonmán Narón é novo na categoría, polo que as xogadoras de Miguel Barbeira, preparan un choque que se preveé moi competido e no que esperan traer os dous puntos para Santa Comba. O encontro comezará as 18:30 no pavillón de A Gandara de Narón.

Pola súa banda, o equipo senior masculino xoga o seu primeiro partido de pretemporada contra o Balonmán Arteixo. Ambos conxuntos xogan na Segunda Autonómica Galega, polo que será unha boa oportunidad para ver o nivel que pode amosar o conxunto xalleiro. Debutarán as novas fixaches do equipo masculino, que veñen a tapar as baixas respeto a tempada pasada o equipo de Santa Comba. Aínda así, a continuidad dun coletivo que foi crecendo a medida que pasaron as xornadas o ano pasado fai soñar con que se podan facer cousas importantes este novo curso. O choque contra o equipo que dirixe o carballés Marcos Rodríguez será unha boa proba para encarar a temporada.