38
De modo máis detallado, uns 225.000 metros cúbicos de volume de terras e pedras limpas serán aproveitados para o recheo da explotación Faro, na Ermida, para a integración paisaxística e para a futura recuperación do uso forestal. Este material representa máis do 90% dos sobrantes na escavación das obras. Así, para o recheo da canteira foron necesarios 20 camións que realizaron 15.000 viaxes. Trátase dunha maneira intelixente de apostar pola economía circular e a sustentabilidade, ao facerse coincidir os traballos de escavación coa recuperación de terreos desta canteira próxima que quedara en desuso.