O Ministerio de Sanidade incluirá aos maiores de 55 anos na vacina de AstraZeneca


Despois de que España restrinxira o uso deste fármaco ás persoas de entre 18 e 55 anos, o Grupo de Expertos para Asesoramento Estratéxico (SAGE), que emite recomendacións sobre o uso de vacinas á Organización Mundial da Saúde (OMS), expuxo que pode ser administrada sen límite de idade. Por esta opción decántanse Madrid e Cataluña, comunidade que argumenta que entre os 55 e os 65 anos a reacción inmunolóxica das persoas destas idades é similar. E así o trasladaron este mércores nunha nova reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS). Con todo, o Ministerio de Sanidade mantén de momento o primeiro criterio á espera dos resultados do ensaio clínico que se está facendo nos Estados Unidos sobre este grupo de poboación e que, segundo a súa titular, Carolina Darias, podería estar listo “a finais de marzo”.