27
As consecuencias do coronavirus tamén chegaron ao Rally de México, que se seguía disputando. A carreira deuse por concluída tras os tramos deste sábado, coa vitoria de Sebastien Ogier por diante de Tanak e Suninen.
O francés é tamén o líder dun mundial que agora tamén para ata novo aviso. Con esta noticia, pilotos e equipos saíron do país para volver canto antes aos seus lugares de orixe.