Unha plataforma creada nas últimas semanas para defender aos traballadores e empresas dos diferentes sectores afectados pola profunda crise na verbena galega, ten convocadas cinco mobilizacións en Santiago e A Coruña entre os días 22 de xuño e o 3 de xullo para reclamar axudas que lles permitan subsistir neste ano tan complicado.
Trátase dunha entidade que agrupa a colectivos como orquestras, feirantes, técnicos, artistas e representantes de diversos sectores afectados pola “precaria e ruinosa” situación dos que traballan e viven das festas en Galicia.
“As mobilizacións programadas pretenden, co apoio de gran parte do sector, buscar no Goberno da Xunta de Galicia e no Goberno de España soluciones que eviten o peche definitivo da nosa actividade, deixando así a miles de persoas sen traballo e obrigando ao peche de centos de empresas galegas”, explican nun comunicado.