O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte estará aberto en Semana Santa

1 minutes read

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte volverá a recibir visitantes esta Semana Santa. As instalacións de Corme reabrirán as súas portas dende o martes día 12 ata o domingo 17 de abril.
Durante seis xornadas, unha técnica de turismo prestará o seu servizo a todas as persoas que queiran coñecer a extensa e variada obra de Julio Pujales, así como de outros artistas de renome e talentos mozos. O MACCMO poderase percorrer de martes a sábado de 11.00 a 14.00 horas, de 17.00 a 20.00, e tamén o domingo de 11.00 a 14.00 horas.