O Museo do Dolmen de Dombate acollerá as aulas científicas da Deputación da Coruña

2 minutes read

A ciencia será a protagonista do programa que a Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Cabana, bota a andar o vindeiro venres día 26 de marzo coa primeira xornada no Museo do Dolmen de Dombate e disponíbeis na rede desde o día 27.

A astronomía é o centro do primeiro dos encontros científicos que se producen, como destacou o físico e coordinador Jorge Mira, no territorio en que se produce o último sol de Europa, cun grande potencial para o turismo astronómico. Na presentación participaron tamén o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño.

A Aula de Estudos Científicos da USC acolleu este martes 23 de marzo, a presentación do programa ‘A luz da ciencia desde o Dolmen de Dombate’, unhas aulas científicas organizadas pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños. Esta iniciativa de divulgación científica estrutúrase en xornadas de periodicidade trimestral.

No acto de presentación participaron o alcalde, José Muíño, o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas e o físico Jorge Mira.  Todos os ponentes explicaron as accións e contidos que se desenvolverán na primeira das xornadas, dedicada á astronomía, e que contará cunha serie de investigadores e especialistas e unha mesa redonda.

Neste sentido, o alcalde de Cabana, José Muíño, quixo “dar as grazas a todos os presentes. Hai unha estreita colaboración coa Deputación, e con Xosé Penas. Sen eles sería imposible organizar estas xornadas.” O rexedor quixo tamén “darlle as grazas a Jorge. “En nome do Concello de Cabana” estamos “moi contentos coa organización destas xornadas no que nós chamamos ‘A catedral do megalitismo’.

O deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, agradeceu a colaboración do Concello de Cabana, e sinalou que estas xornadas «veñen para quedarse cun programa específico que vai tocar moitos temas, desde a astronomía ás vacinas ou outros aspectos da pandemia e tamén de patrimonio». Anunciou que serán cinco as xornadas, coordinadas polo científico Jorge Mira, co obxectivo de «facilitar o acceso de información científica a toda a sociedade».

Pola súa parte, Jorge Mira, definiu as xornadas como «unha acción maior de goberno da Deputación da Coruña» que, precisamente pola pandemia, vai ser difundida por medios dixitais e poderá chegar a unha poboación máis ampla. Destacou tamén que neste territorio se produce «o último solpor de Europa» e permite unha estratexia que é a maxia da Costa da Morte para a explotación do turismo astronómico o que pon de relevo tamén «o tesouro que temos»

Esta primeira aula poderase seguir a través de Internet a partir do sábado 27 de marzo, sendo o primeiro dos capítulos que farán parte dun espazo formativo que estará dispoñible tanto nas webs da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal) como do Concello (http://www.concello-cabana.es/astronomiadombate).