O nadador Miguel Abelenda viaxa ao Nacional Infantil de Xixón

1 minutes read

Miguel Abelenda Pérez e o seu adestrador Héctor García Soto, desprázanse este mércores a Xixón con motivo da disputa en terras astures do XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno que se celebrará nas instalacións do CN. Santa Olaya desde o venres día 14 e ata o domingo día 17 de marzo. Este nacional infantil contará coa presenza de 190 clubs e 485 deportistas, 255 mozos e 230 mozas. O único representante do ADFogar nadará neste seu segundo Campionato de España, a proba dos 1500 metros libres e farao na xornada do xoves cara ás 17:20 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?