Este sábado dous de decembro a partir das 17.00 horas realizarán un Obradoiro de Nadal no que os rapaces aprenderán a facer os seus propios abobíos. Para este obradoiro hai un total de oitenta e dous nenos e nenas inscritos.
O sábado trinta de decembro poderemos disfrutar do espectáculo “Contos para caghar patatillas “ de Brais das Hortas ás 18.00 horas. Trátase dunha exhibición de música, clown e contos para toda a familia. Un espectáculo para morrer de medo… ou de risa. Ese mesmo día ás 20.00 horas dará comezo a Pequefesta de fin de ano dirixida a nenos e nenas de 5 a 16 anos. Será unha xornada con música, xogos, cea e moita diversión na que a rapazada poderá celebrar o remate de ano durante toda a noite e alongalo ata o día seguinte. Para esta festa de fin de ano segue aberto o prazo de inscrición ata o día 25 de decembro.
Para rematar o Nadal, o venres cinco de xaneiro a partir das 17.00 horas terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis organizada por todas as asociacións da parroquia de Verdillo, onde os rapaces poderán ver ás súas Maxestades e disfrutar dunha tarde divertida.
30