Á reunión acudiron tamén o secretario xeral de Junts per Catalunya, Jordi Turull, a presidenta do grupo do PSOE no Parlamento Europeo, Iratxe García-Pérez, e o xefe da delegación socialista no Parlamento Europeo, Javier Moreno.
Segundo sinalou o PSOE nun comunicado, este encontro presencial enmárcase nas conversacións que ambos partidos manteñen para negociar unha posible investidura de Pedro Sánchez.
Tras a reunión, ambos partidos emprazáronse “a seguir falando nos próximos días”, segundo un comunicado emitido tanto por os socialistas como por Junts.
Pedro Sánchez, reiterou nunha carta dirixida á militancia socialista a súa “convicción” de que a amnistía é o “camiño correcto” para Cataluña e chamou ás bases para elixir entre “avance” ou “retroceso” na consulta que se celebra entre este luns e o vindeiro domingo relativa aos pactos para unha investidura.