O Oar Coruña gaña un apretado derbi de balonmán na casa do Calvo Xiria (30-31)


Partido con moito respeto entre os dous conxuntos o vivido este sábado no Vila de Noia correspondente á Xornada 20 de 1ª Estatal. O Calvo Xiria entrou timidamente no partido, pero pouco a pouco foi colléndolle o ritmo contra un Attica 21 Hotels Oar Coruña que tampouco fixo un partidazo, pero chegando ao descanso cun gol de superioridade, 15-16. No comezo da segunda metade o Calvo Xiria lograba empatar o encontro xa na primeira xogada, Chimpo impoñía a súa veteranía dende os sete metros e segundos máis tarde colocaba aos seus 17-16. O encontro proseguiría igualadísimo ata os tres últimos minutos, onde o conxunto coruñés lograba unha mínima vantaxe de dous tantos que o Calvo Xiria non sería quen de remontar a pesar da presión sobre o rival. Ao remate, 30-31.