O orzamento da Xunta para 2026 alcanza os 14.240 millóns de euros

  • A Xunta aprobou este venres, nunha reunión extraordinaria presidido por Alfonso Rueda, o proxecto de orzamentos galegos para o ano que vén.
  • Serán 14.240 millóns de euros, un 2,1 % máis que os deste ano, o que supón un incremento de 300 millóns de euros.

Alfonso Rueda, na súa comparecencia tras a xuntanza  do seu equipo de goberno, explicou que o orzamento para sanidade será de 1.747 millóns de euros para atención primaria, un 4,7 % máis; pero tamén haberá un incremento do 9 % para I+D+i, ata os 405 millóns de euros.

Estas contas públicas volven esgotar o teito de gasto aprobado en agosto 14.177, que é un 1,6 % superior ao deste ano, e inclúen «cinco novas rebaixas fiscais», como a do imposto de transmisións patrimoniais de 8 % ao 3 % para as familias monoparentais; e para os contratos de vitalicio, a cesión de bens a cambio de coidados para toda a vida que tributan como doazóns.

Rueda sinalou ademais que en 2026 «ábrese un novo escenario» para Galicia pola finalización dos fondos europeos, pero que a Xunta fixo «un esforzo suplementario» para poder substituír esas cantidades con fondos propios, para uns orzamentos que se centran nas áreas «para axudar ás persoas». 

A Xunta prevé que o vindeiro ano a economía galega siga medrando e o paro continúe baixando, como destacou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

Related posts

O PP únese a dous tránsfugas do PSOE para conseguir a alcaldía de Manzaneda

UCIN Galicia denuncia o ‘teatro político do PP e do PSdeG’ coa AP-9, afirma que ‘están vacilando aos galegos’

Invitación á cidadanía a doar sangue, os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns diarias