O Pabellón Ourense campión do Torneo Alevín de F7 Concello de Carballo

0 minutes read

Despois de dous anos sen poder disputarse pola situación sanitaria, o torneo, organizado polo Bergantiños e as Escolas Luis Calvo Sanz, recuperou a súa actividade, funcionando a pleno rendemento. O Pabellón de Ourense proclamouse campión desta edición tras impoñerse na final ao Celta, o xogador do Pabellón Mauro Méndez foi o pichichi do torneo. O Luís Calvo Sanz foi terceiro clasificado despois de vencer ao Sporting de Xixón, que foi cuarto, o Deportivo terminou na quinta praza, o Lugo na sexta e a Selección de A Costa da Morte, na séptima.