Favor indirecto, o que xa postos, lle fixo o Paiosaco-Hierros este domingo ao Bergantiños. Tras o empate logrado polo equipo larachés no seu feudo contra o Somozas, líder da táboa clasificatoria da Terceira División Grupo 1, así ao equipo carballés distáncialle un punto menos, iso é, tan só dous para alcanzarlle. O equipo de Juan Riveiro plantoulle cara ao Somozas na Porta Santa e non lle puxo as cousas fáciles nin un minuto nun día de vento desapracible para a práctica do balón pé. O infortunio cebouse cos locais que cando mellor estaban a xogar encaixaron un gol por parte de Alberto Novoa, 0-1. Riveiro non se amedrentou e moveu o banco, entrou Tani no 72 de partido e en menos de 10 minutos empatou a contenda 1-1. O Paiosaco xa non é equipo fácil, mentalizado en saír do «pozo» da clasificación na próxima xornada.
35