O País Vasco celebrará as eleccións autonómicas o 5 de abril

1 minutes read
  • A decisión de adiantar as eleccións prodúcese para afrontar con «certeza e fortaleza» os próximos retos políticos, sociais, económicos e ambientais

Este luns o lehendakari, Iñigo Urkullu, anunciou que o domingo 5 de abril celebraranse as eleccións autonómicas para «aforrarlle ao vascos oito meses de campaña electoral permanente».

Urkullu fixo pública esta información nunha comparecencia oficial celebrada na sede da Lehendakaritza a partir das 16:00 horas. Na mesma destacou que esta decisión de adiantar as eleccións prodúcese para afrontar con «certeza e fortaleza» os próximos retos políticos, sociais, económicos e ambientais.

«Comprobamos que a dinámica iniciada no Parlamento Vasco dificulta o avance na aprobación dos proxectos ou proposicións de lei que se atopan en tramitación», sentenciou o lehendakari quen, ademais, recoñeceu que por agora hai 29 iniciativas e é «improbable que a gran maioría delas se poidan aprobar nos meses que restan de lexislatura».

Tamén asegurou que o novo goberno estaría en marcha antes do verán e indicou que os cidadáns vascos poden estar tranquilos, xa que o executivo seguirá traballando «con absoluta normalidade» durante todo o ano.