O Parador de Turismo de Muxía contará en breve con banda ampla ultrarrápida

1 minutes read

Telefónica dotará de FTTH ao Parador de Turismo de Muxía, de forma que contará con banda ampla ultrarrápida desde os primeiros días xullo. Paradores de Turismo de España seleccionou a Telefónica, a través dun concurso público, como socio tecnolóxico único para culminar a súa dixitalización, implantando unha rede de alta dispoñibilidade e banda ampla ultrarrápida nos 97 emprazamentos que a hostaleira pública ten repartidos en 16 comunidades autónomas.

Ata o de agora, a infraestrutura de rede nestes edificios dependía de varios provedores de telecomunicacións e tiña un limitado ancho de banda. Isto, unido á complicada orografía na que se sitúan -moitos en lugares remotos- e á propia arquitectura dos edificios -boa parte deles históricos-, limitaba a cobertura e dificultaba o acceso mesmo a funcionalidades básicas.

O proceso de implantación da fibra óptica avanza a moi bo ritmo. Nos últimos dous meses, Telefónica levou a banda ampla a 31 edificios que non contaban con ela, polo que 71 Paradores dispoñen xa desta tecnoloxía. Estímase que a primeiros de xullo estea instalada nos 97 establecementos da rede de Paradores.