O Páramo acolle esta fin de semana unha proba da Copa de España de Descenso en Bicicleta BTT

1 minutes read

O Páramo acollerá os días 31 de maio e 1 de xuño a proba de descenso en bicicleta BTT DH Molinos, puntuable para a Copa de España desta modalidade. A Xunta colabora coa iniciativa.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na presentación da carreira, onde felicitou ao club DH Galicia polo traballo que realizan para organizar unha cita de primeiro nivel que forma parte do circuíto nacional.  

Arias apuntou que esta actividade vai en liña coas accións da Xunta en favor da promoción do deporte, o respecto polo medio natural e a dinamización do territorio. Sinalou ademais que supón unha oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística da zona e o seu potencial para fomentar o turismo deportivo.

Ademais das categorías que competirán a nivel nacional, haberá unha categoría infantil de carácter autonómico para ofrecer aos máis pequenos a oportunidade de desfrutar tamén desta proba.