O Parlamento Europeo anunciaba este martes o resultado da votación na que se decidía se se levantaba ou non a inmunidade da que o expresidente de Cataluña, Carles Puigdemont, gozaba como eurodeputado, tras o suplicatorio presentado polo Tribunal Supremo á Eurocámara. O resultado non foi unha sorpresa, tendo en conta que tanto liberais como populares e unha boa parte do grupo socialista se mostraba a favor de atender a petición da xustiza española. O suplicatorio recibiu 400 votos a favor, 248 en contra e 45 abstencións. Xunto a Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsastí tamén perden dita inmunidade. Agora o líder catalá deberá facer fronte á xustiza belga, que será a que decida sobre a Orde Europea de Detención e Entrega mediante a cal Puigdemont sería extraditado a España para ser xulgado polo seu papel nos acontecementos do 1 de outubro de 2017. Aínda que se espera que Puigdemont, Ponsatí e Comín recorran a decisión do Parlamento Europeo ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
30