O Parlamento galego aproba os orzamentos para 2021


As contas públicas de Galicia para o ano 2021 recibiron este martes o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos que son os máis altos da historia da Xunta, esgotan o teito de gasto e acadan os 11.563 millóns de euros, aos que hai que engadir 101 millóns no capítulo VIII de instrumentos financeiros. Ademais, o gasto en xuros de débeda sitúase por debaixo dos 100 millóns de euros, o máis baixo desde hai 25 anos. O grupo maioritario do PP fixo valer os seus votos para que finalmente fosen aprobados. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, como o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediron ao Goberno galego un cambio de actitude e negociar orzamentos, pero o PPdeG descartou unhas emendas que “non son aceptables” porque algunhas van “en contra do sentido común e a evidencia económica”, segundo o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. En total, había para este debate 1.176 emendas parciais pendentes dos grupos da oposición e ningunha foi aprobada despois de ser aceptadas, no trámite anterior en comisión, só cinco do PSdeG e outras dúas transaccionadas con este partido e o BNG.