O Partido Galego bota a andar

1 minutes read

O Partido Galego presentouse este sábado en Melide, entre as súas caras coñecidas atópase Xosé Mosquera, exmembro de Compromiso por Galicia e vinculado coas diferentes correntes galeguistas ao longo da historia.

Ademais de Mosquera, tamén está Xesús Ares, vinculado á xestión en Santa Comba, que estará á fronte da área de Coordinación do novo partido, que se ofrece como un «proxecto transversal, galeguista e cunha visión europeísta e de converxencia».

O resto de integrantes da comisión permanente está composta por Maximino Vázquez (portavoz), Óscar Casais (organización), Montse Almozara (finanzas), Xabier Vázquez (municipal), José Antonio Díaz Rodríguez (empresas), Paula María Rey (autónomos), Anxo Franco (emprego), Rubén Vilasenín (Medio ambiente), Cristina Barcia (comunicación) ou Xabier Pintos (medio rural).