O Partido Popular de Muxía propón unha Romaría da Barca inclusiva

Pixabay

  • A portavoz do partido, Sandra Vilela, defende unha romaría sen ruído para os nenos con Trastorno de Espectro Autista

Nova proposta por parte do Partido Popular de Muxía, desde o que propoñen que a Romaría dá Barca, a súa festa estrela, sexa inclusiva. Os populares poñen sobre a mesa a posibilidade de que durante unhas horas determinadas as atraccións funcionen sen ruído para que os nenos con algún tipo de problema, por exemplo os que sofren de trastorno de espectro autista (TEA), poidan participar nas mesmas.

Por causa da iniciativa levada a cabo polo concello de Cee nas festas da Xunqueira, desde o partido popular indican que “cando unha iniciativa é boa o único que podemos facer é tomar nota dela e levaba a cabo nos nosos municipios”.

“A inclusión social sempre debe de estar nas nosas axendas e neste caso estamos a falar dunha iniciativa moi fácil de levar a cabo se hai vontade”, comenta a portavoz do PP de Muxía, Sandra Vilela.

Na moción plenaria presentada polo grupo municipal popular e que, esperan, sexa debatida no seguinte pleno ordinario faise referencia a que xa en todas as partes de España e nas principais feiras e festas do país están a tomarse este tipo de inciativas dado que os nenos que sofren TEA tenden á hipersenbilidade polo que en moitos casos se ven obrigados a evitar este tipo de festas e “o que queremos é unha romaría que poidamos desfrutar todos” terminaba a portavoz do PP, Sandra Vilela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha