Carballo volveu a ser unha festa deportivamente falando este 17 de maio e a capital do Pequebasquet, xuntando a decenas de equipos –en total de 42 inscritos- de Baloncesto en idade iniciación, de 5 a 8 anos de idade, cun total de 418 deportistas anotados e 60 persoas organizando esta xornada que fixo de Carballo un atractivo deportivo e turístico nesta data tan sinalada no Días das Letras Galegas.
O acto estivo perfectamente organizado e coordinado pola Escola Basket Xiria, que preside Primitivo Xurxo Reguera, e contou co apio de Protección Civil, da Policía Local e coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro carballés e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o tamén concelleiro e deputado autonómico Rubén Lorenzo.
A gran festa do baloncesto galego celebrou a súa novena edición no pavillón Carballo Calero, onde tanto a propia instalación deportiva cómo as rúas aledañas, pechadas para a ocasión, estiveron ateigadas de público nun día de primavera ‘pequeespectacular’. Houbo xogos, animación, sorteos e moito basquet, repartido nun total de oito pistas.
