O percebe de Ponteceso, de promoción no FESTUR

0 minutes read
  • A Feira de Interese Turístico de Galicia celebrouse esta pasada fin de semana (3, 4 e 5 de setembro)

O Concello de Ponteceso participou na Feira de Interese Turístico de Galicia (FESTUR), celebrada esta pasada fin de semana (3, 4 e 5 de setembro), para promocionar a súa máis que coñecida Festa do Percebe do Roncudo.

Entre as actividades desenvoltas expuxéronse vídeos promocionais da celebración e dos percebeiros, exposicións da artesanía realizada polas asociación Redeiras da Illa da Estrella e tamén diversas publicacións turísticas.