O piloto carballés Javier Ramilo gaña a primeira proba do Campionato de Galicia de Rallymix

Cedida.

Javier Ramilo mostrou a súa condición de vixente campión da Clase A de o Campionato de Galicia de Rallymix e adxudicouse esta fin de semana unha nova vitoria na proba que estreaba a tempada de 2022, a primeira edición do Rallymix da Sidra da Estrada que contou con 12 Yacarcross dos 24 monoplazas presentes entre os 59 equipos que participaron.

Non sería ata a terceira e última manga da xornada do sábado cando Javier Ramilo ‘Kobas’ accedía ao liderado provisional despois de marcar o mellor tempo nesta, tras verse superado nas dous anteriores por Jacobo Andújar. Ademais, este terminaría sendo o mellor crono dos dous días, pois o domingo Ramilo volvía gañar na quinta e definitiva manga para impoñerse cunha decena de segundos sobre Andújar. A terceira praza correspondíalle a Abel Jurado, que a pesar dalgún problema moi puntual lograba concluír no podio mentres Adrián Ameal e Javier M. Carracedo clasificábanse sexto e sétimo respectivamente e Antonio Viloria noveno, situando así a cinco Yacarcross entre os dez mellores entre os que puido estar Daniel Remuiñán, pero a mecánica impedíalle completar a carreira.

Na categoría de Turismos tamén participaban coa escuadra Yacar Racing o Peugeot 208 N5 de José Fernández-Alfredo Carballo, que terminaban na terceira praza da Clase B mentres César Garabatos-María González (Citroën C3 N5) eran cuartos.