O Plan Único da Deputación inviste este ano 13,5 M€ na Costa da Morte

3 minutes read

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para «mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia».

O Plan Único achega 2,26 millóns de euros a 15 concellos da Costa da Morte para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 40.291 euros de Corcubión e os 384.932 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

Carballo, A Laracha, Vimianzo ou Cerceda o destinan ao reforzo dos servizos de axuda no fogar. Outros como Muxía centran a axuda no financiamento de persoal municipal da área de servizos sociais.

Preto de 4,3 millóns para 39 obras

Dentro do plan, a Deputación permitirá que 13 concellos da zona poidan levar a cabo un total de 39 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Destacan grandes investimentos como os 687.472 euros dedicados á rede de abastecemento de auga no núcleo Pedra do Sal (Carballo), os 162.374 euros para beirarrúas na Silva e acceso a un centro educativo en Cerceda, os 264.615 euros para a reurbanización da avenida de Erbecedo da Torre ata A Braña (Coristanco), os 191.506 euros para a cuberta do Mercado Municipal de Malpica, máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.

Os municipios da comarca destinan este ano 97.160 euros para redución da débeda, 423.473 euros para pago a provedores e máis de 2,3 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 4 millóns de euros.

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLOGASTO       CORRENTEINVESTIMENTOSPAGO A       PROVEDORESREDUCIÓN DÉBEDAGASTO SOCIALCOVID 19POS+ ADICIONAL2/2021TOTAL
CABANA99.966,01350.359,46  133.157,24237.780,79821.263,50
CAMARIÑAS  268.638,9738.968,7599.193,17177.130,67583.931,56
CARBALLO635.138,39626.941,33  384.932,35687.379,212.334.391,28
CEE198.841,19213.371,85  120.509,81215.196,09747.918,94
CERCEDA 553.792,75 58.192,18148.125,55264.509,911.024.620,39
CORCUBIÓN66.480,7478.172,88  40.291,3671.948,85256.893,83
CORISTANCO 430.934,42  183.201,13327.144,87941.280,42
DUMBRIA69.954,42278.446,44  138.314,70246.990,53733.706,09
FISTERRA102.737,25 95.302,60 77.330,96138.091,00413.461,81
LARACHA334.677,07329.535,06  202.834,58362.204,621.229.251,33
LAXE75.418,00120.263,77  77.333,35138.095,28411.110,40
MALPICA56.425,94366.637,5059.531,43 113.485,52202.652,72798.733,11
MUXÍA66.796,28400.835,49  157.126,94280.583,81905.342,52
PONTECESO      0,00
VIMIANZO356.075,45347.215,60  215.803,30385.363,041.304.457,39
ZAS281.787,83193.786,11  170.780,51304.965,18951.319,63