O pleno de Vigo aproba o orzamento de 292 millóns para 2023

1 minutes read

O pleno de Vigo aprobou de xeito inicial o orzamento da cidade para 2023, unhas contas que suman 292 millóns de euros e chegarán ata os 385 coa suma dos fondos europeos e os remanentes.

Abel Caballero valorou o orzamento “que materializa obras e proxectos na cidade Vigo, mantendo conxelados os impostos o que supón un aforro para os vigueses do 17% e a diminución dalgunha tasa”, señalou en rolda de prensa.

No pleno foi o edil de Facenda, Jaime Aneiros, quen defendeu “unas contas sociais de carácter redistributivo, atendendo as necesidades urxente e ordinarias da cidade pero tamén para dar un impulso á transformación da cidade, con débeda 0”.

Aneiros replicou aos grupos porque “o goberno traballa para o conxunto da cidade” e lamentou do voceiro do BNG “as contradicións comparando a súa acción noutros concellos onde gobernan” e do Partido Popular “que fale de emprego cando o voceiro foi secretario xeral de Emprego na Xunta de Galicia e deixou sen executar 1.500 millóns”.