O Pleno de Vigo pide á Xunta apoio á cultura na cidade

1 minutes read

O Pleno aprobou cos votos a favor do Grupo Socialista e o Grupo Mixto instar á Xunta de Galicia a destinar unha partida concreta destinada ao apoio á cultura na cidade de Vigo en proporción ao destinado ao conxunto de Galicia.

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, preguntou á edil do Grupo Popular, Teresa Egerique “o criterio sobre o reparto dos cartos por parte da Xunta de Galicia”. Rubén Pérez, portavoz do Grupo Mixto pediu planificación da cultura na cidade e criticou que o único festival que se atopa na web de Vigo sexa O Marisquiño. Egerique pediu unha proposta cultural no concello de Vigo.

Losada defendeu a acción cultural do Concello de Vigo, innovando continuamente e buscando novos festivais como o proxecto de festival de música electrónica. Ademais, outro dos motivos da exposición desta moción foi a achega ao festival O Marisquiño, no que o Grupo Socialista demanda que o Goberno Autonómico aporte a mesma cantidade de apoio á O Marisquiño que o Concello e a Deputación – 500.000 euros –.