O Pleno esixe á Xunta que dote a Vigo dun Punto de Encontro Familiar que ‘non sexa un garaxe’


A maioría do Pleno acordou instar á Xunta a que dote a cidade dun Punto de Encontro Familiar que sexa digno, seguro e amplo. O texto, defendido pola concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, solicita ao goberno autonómico cambiar a localización “a Cidade de Xustiza, xa que conta con grandes espazos e tamén vai acoller o Instituto de Medicina Legal e unha escola infantil”. Ademais a concelleira enumerou as múltiples deficiencias do actual espazo, que entre outras, non conta coa ventilación adecuada; unha mala comunicación e falto de seguridade. Esta iniciativa saíu adiante cos votos favorable do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e a abstención do PP.