O portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, explicou que acudirá á chamada de Feijóo para reunirse, se este se pon en contacto con el. Aitor Esteban sinalou que Núñez Feijóo e el non se coñecen “persoalmente” e engadiu que “para iso pode servir a reunión, pero para pouca cousa máis”. O portavoz do PNV insistiu en que o seu partido ten “clara” a súa posición: “En combinacións nas que entre Vox, nós non podemos estar”, matizou. Esteban lembrou que o PP “neste momento” non ten unha maioría parlamentaria para facer presidente a Feijóo e considerou que, “salvo gran sorpresa”, será “bastante complicado que o consiga”. “Agora ben, con estas cousas non se sabe ata o último momento”, engadiu o portavoz do PNV. Ata a investidura de Feijóo “vai haber xogo duns e outros. Imos ver que queren os socialistas”, concluíu.
19