0
Os nacionalistas vascos confirman a reunión entre Núñez Feijóo e o presidente do PNV, Andoni Ortúzar, o pasado día 7. Pero manteñen a súa negativa á investidura do candidato popular. Así as cousas, os de Feijóo chaman os socialistas a sumarse ao acto de protesta contra a amnistía que celebrarán o domingo en Madrid. Alberto Núñez Feijóo reuniuse cos presidentes da CEOE e de Cepyme. Os empresarios manifestáronlle o seu rexeitamento a unha amnistía, e reclamaron un pacto entre o PP e o PSOE como a mellor alternativa de Goberno. Núñez Feijóo reunirase tamén cos sindicatos antes de someterse, a semana que vén, á investidura.