O Polo Aeroespacial de Galicia contará cunha quincena de hangares

1 minutes read

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou o Polo Aeroespacial de Galicia onde se está a acometer a primeira fase de construción do parque tecnolóxico e industrial, que alcanzará unha superficie de 31.000m² e terá capacidade para albergar unha quincena de naves.

Declaracións do conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.

Acompañado por representantes do Instituto de Técnica Aeroespacial (Inta), o vicepresidente económico puido comprobar a marcha desta primeira fase, na cal se está a traballar sobre unha área inicial de 3.000m² onde Babcock xa está a piques de rematar a construción do seu hangar e Indra fará outro.

Conde salientou que se trata dunha infraestrutura que xa é unha realidade e, sobre todo, que ten moito futuro por diante porque o obxectivo é que este parque industrial conte cunhas instalacións únicas e pioneiras en España que sirvan como base de operacións ás empresas dun sector con gran potencial de crecemento como é o aeroespacial. Segundo dixo, contar con máis e mellores infraestruturas fai do Polo Aeroespacial un reclamo para atraer novos investimentos e fortalecer, así, o tecido empresarial deste sector en Galicia.