O Porriño cae ante o Grupo Lemaco A


Chegaba a Carballo invicto o Balonmán Porriño, as baixas no Grupo Lemaco facían que o partido tivera un fácil prognostico en favor dos visitantes, superiores na clasificación, pero os xogadores locais creron dende o primeiro minuto na vitoria que acabarían conseguindo ao final, 35-30.

Apostou descaradamente o Xiria por unha defensa aberta, deixando moito espazo tras os avanzados pero sabendo corrixir, nas máis das veces, nos cambios de opoñente. O Porriño viuse obrigado a ataques curtos que en moitas casos foron precipitados, beneficiando ao Xiria, que si ben renunciou a interceptación do balón, pero dou máis consistencia á defensa das traxectorias.

Co transcorrer do partido o Grupo Lemaco vía por onde podía superar ao seu rival, cunha mobilidade de balón entre liñas larga e sen perdas, mover ata gañar unha posición clara, e funcionoulle, foi poñendo diferenzas no marcador, o que inducía ao Porriño en máis presas e en querer resolver directamente.

Vitoria das importantes, das que supoñen un paso adiante no nivel futuro do equipo, que aspirará a estar entre os mellores de Galicia. O Grupo Lemaco queda na clasificación a tan só un punto do Porriño, a falta de dúas xornadas.

O Grupo Lemaco B suma unha nova vitoria en Pontedeume

Segue no alto da táboa clasificatoria o equipo B do Grupo Lemaco cadete, ao derrotar sen problemas ao derradeiro clasificado, o Eume, 25-47.

Coas numerosas baixas no equipo, os menos habituais tiñan que amosar as gañas nun partido en principio asumible, pero onde o factor cancha as veces resulta enganoso.

Tras uns primeiros compases igualados, a defensa aberta do Xiria puxo en moitas dificultades aos locais que foron índose do partido co transcorrer dos minutos. Por contra os carballeses gañaban confianza e despregaban a súa calidade en frutíferos ataques e bos lanzamentos.

Co paso dos minutos as diferenzas fóronse incrementando ata ese 25 a 47 goles, onde o Grupo Lemaco demostrou o bo nivel que fai que sega primeiro na clasificación.