Celebrouse este martes o acto central da candidatura do Partido Popular de Laxe de cara ás eleccións municipais deste domingo.
Co apoio da Conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, o candidato José Luis Pérez Añón debullou os puntos principais do seu programa de goberno.
Pérez Añón fixo fincapé na situación económica do Concello, chegando aos tres millóns de euros. O popular achacou a creación desta débeda á mala xestión do goberno municipal.
Nas súas verbas, “é mentira que o déficit das arcas municipais se visualice en obras polo concello adiante, ¿onde están?”, preguntouse o popular.
Pérez Añón críticou o periodo medio de pago a proveedores, situado segundo se lle informou, en 849 días.
O popular comentou a súa intención de solucionar os problemas coa praia, ademáis de potenciar a Semana Santa local, e colaborar coas asociacións culturais, deportivas, e as comisións de festas, en base a unha serie de convenios.
No capítulo de obras, Pérez Añón afirmou ter como prioridade o saneamento integral, así como a dotación de novas zonas de aparcadoiro. O popular criticou o abandono do mantemento das obras por parte do equipo de goberno actual. “Non se acordaron de arranxar as rúas, as cunetas, os baches, pero qué casualidade que o están facendo agora”.
“Nós imos limpar o concello, non só para as festas, senón tamén cando sexa necesario”, afirmou o número 1 da candidatura.
Pérez Añón presumiu dunha figura como o alcalde de barrio, e defendeuna ante as críticas de outras formacións políticas locais.
